1/7/2008
Sancións de 3.000 e 10.000 euros do Xulgado do Social nº 1 e a Inspección de Traballo de Ourense
O concello de Rairiz de Veiga foi condenado a
pagar unha indemnización de máis de 13.000 euros por violación da integridade
moral dun traballador municipal, segundo denuncia a CIG de Verín, por mor do
comportamento do seu alcalde, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio. Os feitos remóntanse
ao ano 2006, cando o traballador se incorporou ao concello de Rairiz tras da
disolución da Mancomunidade, onde desenvolvía a súa actividade.