3/7/2008
O contencioso - administrativo inclúe tamén outras materias optativas no bacharelato
A CIG-Ensino vén de presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tibunal Superior de Xustiza de Galiza en contra da Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño) que estabelece a relación e o currículo das materias
optativas do Bacharelato.
30/6/2008
CIG-Ensino solicita a súa rectificación polo ‘grave prexuízo’ ao sistema educativo galego
A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría de Educación e O.U. que
rectifique canto antes a Orde de optativas publicadas o pasado 27 de xuño para
que se manteñan as optativas de Literatura Galega do Século XX e tamén as de
Literaturas Hispánicas e Literatura Universal Contemporánea polo grave prexuízo
que causan ao sistema educativo galego.
18/6/2008
Só dous centros de ensino público imparten en Compostela bacharelato tecnolóxico
Sesenta e tres
profesores do CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) Monte de Conxo
veñen de exixir mediante un escrito, promovido pola CIG-Ensino, o mantemento
das ensinanzas do Bacharelato. Hoxe só dous centros de ensino público de
Santiago imparten bacharelato tecnolóxico, entre os cales está o Centro Integrado
de Formación Profesional de Conxo.
21/5/2008
Os alumnos de Filosofía sumáronse á concentración
Continuando coas
mobilizacións en demanda doutro decreto de bacharelato, na mañá deste mércores 21
de maio, representantes da CIG-Ensino entregaron no rexistro da consellaría de
Educación, preto de 2.700 sinaturas -que veñen sumarse ás xa entregadas e que se
incrementarán coas que se recollan nos vindeiros días- en apoio a esta
solicitude. Previo o acto de entrega celebrouse unha concentración en San
Caetano á que se sumaron alumnos de Filosofía denunciando entre outras cousas
que “a consellaría mata a Filosofía”.
29/4/2008
A folga foi secundada por máis do 75% do profesorado das materias afectadas
Máis de 4000 persoas participaron na manifestación convocada pola CIG-Ensino
en Santiago, para exixir a negociación e a modificación do Proxecto de Decreto
de Bacharelato. Ademais, a folga foi secundada por máis do 75% do profesorado
de Educación Física, Filosofía e Historia, e tivo un apoio importante do
profesorado doutras especialidades, reclamando que a relixión non se imparta no
horario lectivo normal a todo o alumnado.
4/3/2008
Malia ser a maioría de docentes mulleres, segue a haber máis cargos directivos homes
Anxo Louzao e Dores Fernández, secretarios nacional e da Muller de CIG-Ensino, presentaron en rolda de prensa as conclusións dun estudo sobre a participación das mulleres na dirección dos centros educativos, que evidencia a baixa presenza das mulleres na dirección dos centros, malia ser maioría no profesorado. Por iso, CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación que se elabore un Plan de Igualdade para o Ensino.