19/11/2008
Hai presentadas catro demandas xudiciais
Sindicalistas da CIG de Ferrol concentráronse diante da Oficina Técnica de Correos de Fene, o 19 de novembro, para rexeitaren o comportamento que mantén o xefe de Distribución con traballadores, nomeadamente eventuais, os que ameaza, presiona e acosa. Xa hai catro demandas xudiciais presentadas.
25/9/2008
A entidade non deu resposta a ningunha das demandas das/os traballadoras/es
O pasado mes de xuño CIG-Correos poñía en marcha unha campaña de
mobilizacións en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta entidade no
concello de Ames. Un reforzamento imprescindíbel para garantir o reparto postal
diario, non só na zona rural do concello, senón mesmo nas urbanas de Bertamiráns
e o Milladoiro, onde non supera as dúas veces por semana.
4/7/2008
A sentenza recoñece que tanto a quilometraxe como a carga de traballo era excesiva
O Xulgado do Social nº1 de Ferrol vén de
revogar a sanción de suspensión de emprego e soldo dun mes á traballadora
eventual de Correos que presta os seus servizos na zona do Seixo, dependente da
Oficina de Fene. Correos deberá reporlle o salario de 1.301 euros que deixou de
percibir no mes de abril, cando se cumpriu a sanción.
2/7/2008
Os combustíbeis aumentaron un 40% e Correos só subiu nun 4% a aportación pola utilización dos coches dos traballadores
Delegados da CIG-Correos de toda Galiza concentraranse en A Coruña o 2 de xullo diante da Delegación do Goberno español para reclamar a actualización dos suplidos por aportación do vehículo para os carteiros das zonas rurais que empregan o seu coche particular no reparto. Estes empregados chegan a pór até 100 euros mensuais do seu peto no desempeño do seu traballo.
26/6/2008
Anuncian unha campaña de mobilizacións contra a precariedade laboral
Redución de persoal, salarios indecentes,
precariedade laboral, procesos de contratación irregulares e redución do
servizo de reparto coa aplicación do decreto polo que se crean os chamados ‘contornos
especiais’. Así retrata CIG-Correos a situación laboral e a calidade do servizo
desta entidade. Por iso vén de anunciar unha campaña de mobilizacións que se
iniciou este mesmo xoves cunha concentración diante das dependencias que
Correos ten en Compostela, neste caso, para denunciar o escurantismo nas contratacións de persoal eventual.
16/6/2008
A primeira concentración celebrouse o pasado xoves 12 de xuño
CIG-Correos vén de
pór en marcha unha campaña en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta
entidade no concello de Ames. A campaña comezou cunha concentración celebrada o
pasado xoves, 12 de xuño e continuará con mobilizacións que se desenvolverán ao
longo do ano.