26/6/2008
Anuncian unha campaña de mobilizacións contra a precariedade laboral
Redución de persoal, salarios indecentes,
precariedade laboral, procesos de contratación irregulares e redución do
servizo de reparto coa aplicación do decreto polo que se crean os chamados ‘contornos
especiais’. Así retrata CIG-Correos a situación laboral e a calidade do servizo
desta entidade. Por iso vén de anunciar unha campaña de mobilizacións que se
iniciou este mesmo xoves cunha concentración diante das dependencias que
Correos ten en Compostela, neste caso, para denunciar o escurantismo nas contratacións de persoal eventual.