28/11/2008
O secretario comarcal da CIG de Lugo presentou un informe sobre o estado da inmigración na provincia
O xoves 27 de novembro foi inagurado o Servizo de Migración en Lugo cunha
presentación do secretario Comarcal, Xosé Ferreiro, da secretaria Confederal de
Servizos, Afiliación e Migración, Elvira Patiño Ogea, do responsábel do departamento
en Lugo, Alexandre Penas Roibás e do responsábel do Servizo de Migración da
Coruña Xurxo Martínez Crespo.
27/11/2008
Actos socioculturais
Unha escolma do traballo do fotógrafo venezolano Federico Fernández Ackermann ficou inaugurada na mañá do 27 de novembro na sede do sindicato en Lugo. CIG-Migración tamén organiza o 28 de novembro na Coruña a charla “Psicopatoloxía do retorno”, que abordará a situación dos emigrantes galegos retornados a partir das narracións das súas experiencias.
29/9/2008
Intenso debate e formación
Con unha importante participación de empregadas de fogar realizouse a xornada denominada “Emprego Domestico Analisise e debate” organizada polo departamento de Emigración da CIG, coa colaboración da Concellaria de Igualdade e de Benestar Social do Concello de Vigo. Foron case un cento as mulleres que se reuniron neste encontro para informarse e formarse sobre os dereitos, que na imensa maioría dos casos, lle son negados no emprego doméstico.
23/9/2008
No local da CIG de Vigo
Nunha rolda de prensa, que tivo lugar este martes ás 11.30 da mañá no local da CIG de Vigo, presentouse a xornada “Emprego doméstico: analise e debate”, que terá lugar o sábado 27 de setembro, e que organizada polo Departamento de Migración da CIG, conta coa colaboración da asociación de empregadas do fogar Xiara. Participarán importantes e destacadas investigadoras e analistas da situación das traballadoras no emprego doméstico, asi como terán voz as propias traballadoras deste sector.
18/9/2008
Para inmigrantes e emigrantes retornados/as
O Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega está organizando un curso de auxiliar de axuda a domicilio, dirixido a inmigrantes e emigrantes retornados/as desempregados/as, a impartir na cidade nos locais de Fundación para a orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza, FORGA.
26/6/2008
Alerta de que prácticas semellantes tamén se estan a dar no servizo doméstico
Tras facerse públicas, o pasado día 24 de
xuño, as detencións de 17 persoas, a meirande parte delas empresarios da
comarca de Compostela, relacionadas con delictos de estafa ou de explotación
laboral de inmigrantes marroquís, a CIG, a través do seu Departamento de
Migración quere facer pública a súa máis enérxica condena e anunciar que
continuará a pular por un sistema normalizado de contratación legal.