marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
democracia
25/6/2008 Considera alarmante e antidemocrático que se impedira o seu debate social
Tratado de Lisboa. Cerimonia de asinamento.
O Congreso dos Deputados aprobaba, este xoves 26 de xuño, o proxecto de Lei Orgánica polo que se autoriza a ratificación do Tratado de Lisboa, cos votos a favor do PSOE, PP, CIU, PNV e Coalición Canaria. Só votaron en contra o BNG, ERC e IU e abstivéronse ICV e Na-Bai. Para a CIG é alarmante que se teña furtado a posibilidade de debater sobre os contidos dun texto do que apenas se deu información a poboación e antidemocrático que se teña optado pola vía parlamentaria e non polo referendo para a súa ratificación. A CIG lembra que estaba prevista a ratificación deste Tratado no Congreso tras das vacacións e critica que se adiantara facéndoo coincidir coa Eurocopa, para desviar a atención cara o fútbol, como se facía en tempos pasados.
17/6/2008 Entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza
Entrega de sinaturas para a ILP. 1
Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.