marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
Europa social
25/6/2008 Considera alarmante e antidemocrático que se impedira o seu debate social
Tratado de Lisboa. Cerimonia de asinamento.
O Congreso dos Deputados aprobaba, este xoves 26 de xuño, o proxecto de Lei Orgánica polo que se autoriza a ratificación do Tratado de Lisboa, cos votos a favor do PSOE, PP, CIU, PNV e Coalición Canaria. Só votaron en contra o BNG, ERC e IU e abstivéronse ICV e Na-Bai. Para a CIG é alarmante que se teña furtado a posibilidade de debater sobre os contidos dun texto do que apenas se deu información a poboación e antidemocrático que se teña optado pola vía parlamentaria e non polo referendo para a súa ratificación. A CIG lembra que estaba prevista a ratificación deste Tratado no Congreso tras das vacacións e critica que se adiantara facéndoo coincidir coa Eurocopa, para desviar a atención cara o fútbol, como se facía en tempos pasados.
11/6/2008 A medida desenmascara a falacia da “Europa social”
Mobilización
A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.