marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
calidade do ensino
10/11/2008 O gasto educativo galego sitúase case 1 punto por debaixo do PIB destinado a Educación polos países da OCDE
rolda ensino orzamentos
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, fixo pública a valoración da central dos orzamentos presentados pola Consellaría de Educación para o ano 2009. Estes orzamentos non só son insuficientes para avanzar na calidade do ensino senón que son os que menos medran desde a entrada do novo goberno na Xunta de Galiza. Os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2009 suporían un total de 2.389 millón de euros (102 millóns máis respecto de 2008), de xeito que a Consellaría medra só un 4,45%. Para atopar índices máis baixos de crecemento hai que remontarse aos orzamentos de 2003.
24/6/2008 Non beneficiou nin a calidade do ensino nin ás condicións laborais dos docentes
Balance curso escolar CIG-Ensino
A CIG-Ensino realiza un balance final negativo deste curso escolar que remata. Neste sentido, o secretario nacional da federación, Anxo Louzao, salienta que a Consellaría tivo unha actitude de falta de diálogo e de negociación, o que comportou un incremento da conflitividade, especialmente ao longo do terceiro trimestre. Os incumprimentos e a postura impositiva da titular de Educación en determinados temas foron o denominador común.
20/6/2008 Reclamou a convocatoria da mesa Sectorial atendendo os resultados das eleccións sindicais
Na Mesa Sectorial de Educación celebrada este venres 20 de xuño, debatéronse, entre outros, os cadros de persoal dos centros educativos e os currículos de Técnicos en balonmán, baloncesto e atletismo. Nesta xuntanza a CIG-Ensino denunciou a falta de seriedade institucional coa que se está a desenvolver e cualificou de “inadmisíbel” que en numerosas ocasións xa, non estea presidida polo seu presidente, que non se dea resposta ás cuestión presentadas, que se realicen cambios na orde do día ou que as actas estean sen aprobar de hai meses.