16/9/2008
Convocada concentración o mércores, 17 de setembro, ás 11:30, diante da Consellaría
A só 3 días de
iniciarse o curso escolar en Secundaria ( ESO e Bacharelato) está a
evidenciarse un recorte importante de profesorado nos centros educativos. A CIG-
Ensino denuncia que máis de 50 centros viron recortados os cadros de persoal
que tiñan asignado respecto do curso pasado e que non se cobren as prazas
imprescindíbeis que están sendo solicitadas polos centros e que a Consellaría
se nega a cubrir.
9/9/2008
Rolda de prensa de avaliación do estado actual do ensino galego
A CIG Ensino nesta rolda de prensa relacionou as cuestións pendentes de realizar nesta lexislatura que remata neste curso e que están recollidas no pacto de goberno, cuestións tan importantes para a calidade do ensino público como acadar un gasto en Educación do 6% do PIB (actualmente é do 4.7%), entre outras.
20/6/2008
Reclamou a convocatoria da mesa Sectorial atendendo os resultados das eleccións sindicais
Na Mesa Sectorial de Educación celebrada este
venres 20 de xuño, debatéronse, entre outros, os cadros de persoal dos centros
educativos e os currículos de Técnicos en balonmán, baloncesto e atletismo. Nesta
xuntanza a CIG-Ensino denunciou a falta de seriedade institucional coa que se
está a desenvolver e cualificou de “inadmisíbel” que en numerosas ocasións xa, non
estea presidida polo seu presidente, que non se dea resposta ás cuestión
presentadas, que se realicen cambios na orde do día ou que as actas estean sen
aprobar de hai meses.
8/5/2008
190 equipos de Normalización dimitirán se non hai un cambio de rumbo
Cento noventa equipos de normalización lingüística dos
centros de ensino galegos presentarán a súa dimisión se non hai un cambio de
rumbo na Consellaría de Educación para aplicar o actual decreto de promoción do
noso idioma no ensino non universitario.