14/10/2008
Aumentan os concertos cos ciclos formativos de centros privados
A CIG-Ensino da Coruña denuncia a decisión da Consellaría de Educación de suprimir o ciclo formativo “Módulo I de Taller Cerámico” na Escola de Artes Plásticas Pablo Picasso da cidade herculina. Esta medida deixou na rúa os 14 alumnos inscritos e supuxo a perda de postos de traballo de profesores deste centro educativo.
20/6/2008
Reclamou a convocatoria da mesa Sectorial atendendo os resultados das eleccións sindicais
Na Mesa Sectorial de Educación celebrada este
venres 20 de xuño, debatéronse, entre outros, os cadros de persoal dos centros
educativos e os currículos de Técnicos en balonmán, baloncesto e atletismo. Nesta
xuntanza a CIG-Ensino denunciou a falta de seriedade institucional coa que se
está a desenvolver e cualificou de “inadmisíbel” que en numerosas ocasións xa, non
estea presidida polo seu presidente, que non se dea resposta ás cuestión
presentadas, que se realicen cambios na orde do día ou que as actas estean sen
aprobar de hai meses.