16/12/2008
CIG-Autonómica rexeita a proposta de modificación de relación de postos de traballo nos servizos de limpeza e mantemento
Na que, probablemente, será a derradeira
Mesa Xeral de Empregados Públicos o vindeiro 18 de decembro, a Consellaría da
Presidencia na súa proposta de modificación de relación de postos de traballo
remitida ás centrais sindicais con representación na mesma, presentará a
amortización de 83 postos de traballo, 55 deles con traballadores/as en activo
que pasarán a engordar as listas de desemprego deste País.
23/7/2008
Mellora as condicións laborais de arredor de 10.000 traballadores
CIG e UGT, que
contan co 60% da representación sindical na Xunta de Galiza, asinaron o pasado martes día 22 de xullo o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, tras
catro anos de difíciles negociacións con dous gobernos diferentes. Desde a CIG
Autonómica valórase moi positivamente o acordo porque mellora substancialmente
as condicións laborais dos arredor de 10.000 traballadores afectados por este
convenio, nomeadamente os do servizo de extinción de incendios forestais.
20/6/2008
Consideran que a administración segue sen atender as súas demandas
O colectivo de veterinarios da Xunta de Galiza vén de convocar para os
días 24 e 25 de xuño xornadas de folga de 24 horas en demanda dunha mellora
efectiva dos servizos veterinarios da administración e das súas condicións
laborais. Son máis de 600 traballadoras/es que dependen da consellaría de Presidencia,
e desenvolven a súa actividade para as consellarías de Sanidade, Medio Rural,
Pesca e Medio Ambiente.