2/5/2008
OS TRABALLADORES ALERTAN DE QUE PODEN QUEDAR NO PARO A PARTIR DE XULLO
Unha delegación dos mineiros das auxiliares de Meirama e da CIG reuniuse cos representantes do Concello de Cerceda nas mesas do carbón local e autonómicas para solicitarlles o seu apoio para que se materialice o 100% das recolocacións. As xestións urxen, posto que en xullo finalizan moitos dos contratos que teñen subscritos os mineiros coas súas empresas.
8/2/2008
Demandan que os traballadores das contratas e subcontratas das minas non sexan excluídos das incorporacións e das prexubilacións
Delegados sindicais da CIG nas empresas auxiliares das minas de Meirama e As Pontes concentráronse o 7 de febreiro diante da Delegación do Goberno español en A Coruña. Posteriormente, rexistraron dous escritos dirixidos ao Goberno do Estado para que poña fin á discriminación que padecen os empregados das auxiliares da minaría do país.
5/1/2008
É indecente que UGT e CCOO pretendan arrogarse méritos cando son responsábeis de que os mineiros fiquen excluídos do Miner II
Os avances producidos no conflito das auxiliares de Meirama, como o mantemento dos postos de traballo dos mineiros durante seis meses máis desde o peche do xacemento, ocorrido o pasado 31 de decembro, débense á capacidade de mobilización que amosaron os operarios. A última convocatoria de folga serviu para forzar a Masa, Soluziona e Fergo a garantir o traballo na mina até o próximo verán.
4/1/2008
Medio centenar de traballadores das auxiliares participan en As Pontes nunha asemblea no local do sindicato nacionalista
A CIG denuncia a opacidade do proceso de selección de 80 traballadores das auxiliares que se incorporaron a Endesa en As Pontes. Da lista foron excluídos operarios afiliados á central nacionalista, algúns deles con 30 anos de traballo na mina. A CIG non dubida en responsabilizar desta manobra caciquil a UGT e CCOO, presentes na Comisión de Seguimento do Plan Miner II, da que foi excluído o sindicato nacionalista.