marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
Historia
19/6/2008 CIG-Ensino cualifica a actitude da consellaría de “ineptitude” e “autoritarismo”
08/05/14 CIG-Ensino
A Consellaría de Educación vai clausurar o curso o día 20 e vén de abrir a matrícula para o Bacharelato. Porén, aínda non ten aprobado o novo Decreto do currículo polo que se vai ordenar o Bacharelato para o curso vindeiro. Esta situación agrávase, aínda máis, porque o propio proxecto de Decreto derroga a Orde que regula as optativas e a Consellaría non presenta, nin sequera, o borrador dunha nova.
5/6/2008 Considera que Touriño debería cesala polos malos resultados acadados
Agasallo para Sánchez Piñón 01
A CIG-Ensino e os alumnos de Filosofía concentráronse o mércores día 4 de maio diante da consellaría de Educación "Por un novo Decreto de Bacharelato". A CIG-Ensino tiña preparado un gasallo para a súa titular, Laura Sánchez Piñón: un lote de libros de Historia e Filosofía para que, durante o verán, recupere as asignaturas suspensas ao longo deste curso escolar, practicamente todas agás relixión. CIG-Ensino entende que o seu titor, Emilio Pérez Touriño, debería deixala fóra do sistema educativo.
21/5/2008 Os alumnos de Filosofía sumáronse á concentración
Por outro decreto de bacharelato 1
Continuando coas mobilizacións en demanda doutro decreto de bacharelato, na mañá deste mércores 21 de maio, representantes da CIG-Ensino entregaron no rexistro da consellaría de Educación, preto de 2.700 sinaturas -que veñen sumarse ás xa entregadas e que se incrementarán coas que se recollan nos vindeiros días- en apoio a esta solicitude. Previo o acto de entrega celebrouse unha concentración en San Caetano á que se sumaron alumnos de Filosofía denunciando entre outras cousas que “a consellaría mata a Filosofía”.
19/5/2008 O martes 20 de maio en diferentes Institutos de Educación Secundaria de Galiza
CIG-Ensino. Concentración lúdico-reivindicativa 4
Con esta acción a CIG-Ensino dá continuidade ás mobilizacións que, desde o 24 de abril, ven desenvolvendo xunto co profesorado afectado para conseguir que a Consellaría asuma as propostas que se teñen feito, co obxecto de que o futuro Bacharelato sexa máis laico, compensado e de maior calidade.
29/4/2008 A folga foi secundada por máis do 75% do profesorado das materias afectadas
Manifestación Por outro Decreto do Ensino
Máis de 4000 persoas participaron na manifestación convocada pola CIG-Ensino en Santiago, para exixir a negociación e a modificación do Proxecto de Decreto de Bacharelato. Ademais, a folga foi secundada por máis do 75% do profesorado de Educación Física, Filosofía e Historia, e tivo un apoio importante do profesorado doutras especialidades, reclamando que a relixión non se imparta no horario lectivo normal a todo o alumnado.