18/6/2008
Desenvolvéronse co apoio do gabinete de Saúde Laboral da CIG
O pasado 16 de xuño
celebráronse as II xornadas de saúde laboral do sector financeiro. Unhas
xornadas que se centraron, principalmente, no traballo sindical a realizar
para abordar o atraco como risco laboral e para conseguir o recoñecemento dos
postos de traballo con PVD, pantallas de visualización de datos.