19/11/2008
Entrega máis de 8.000 sinaturas no rexistro da Xunta apoiando estas reivindicacións
A CIG-Ensino fixo entrega, no rexistro da
Xunta, de 8.125 sinaturas de profesorado na mañá deste mércores 19 de novembro.
As sinaturas son resultado dunha campaña que tiña como obxectivo reclamar unha
serie de melloras dirixidas a garantir a calidade do ensino e as condicións
laborais e profesionais do profesorado.
9/9/2008
Reclaman que a Administración asume a súa responsabilidade
Un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do servizo de emerxencias 112 de Galiza acudía o 9 de setembro a unha nova marcha para reclamar que se escoiten as súas demandas, así como para facer entrega no edificio administrativo da Xunta das máis de 4.000 sinaturas de apoio que teñen recollido ao longo dos últimos meses.
8/9/2008
Entregarán en San Caetano máis de 4.000 sinaturas
O martes 9 de setembro ás 11.30 partirá desde o Parlamento Galego unha marcha dos traballadores e traballadoras do 112, que chegará a San Caetano ás 12.30 da mañá. Neste edificio administrativo da Xunta terá lugar a entrega de máis de 4.000 sinaturas que estes traballadores e traballadoras levan recollendo en apoio das suas demandas.
17/6/2008
Entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza
Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo
electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a
retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido
explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do
Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran
declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.
8/5/2008
Fixeron unha entrega de sinaturas recollidas en todos os centros sanitarios do SERGAS
Representantes de CIG-Saúde e delegados e delegadas sindicais fixeron entrega na mañá do xoves día 8 de maio das sinaturas recollidas entre o colectivo de Técnicos en Coidados Auxilliares de Enfermería de todos os centros sanitarios do SERGAS.