marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
Directiva de Tempo de Traballo
18/12/2008 As centrais sindicais europeas, a CIG entre elas, manifestáronse en Estrasburgo na véspera da votación.
08-12-18 mani Estrasburgo
Varios miles de traballadoras e traballadores (4.500 segundo a policía e 15.000 segundo os organizadores) manifestáronse polas rúas da cidade francesa de Strasbourg o 16 de decembro, atendendo ao chamamento da CES (Confederación Europea de Sindicatos) para expresar o rexeitamento total das centrais sindicais de Europa á nova proposta de regulación do tempo de traballo.
11/12/2008 A convocatoria, organizada pola Confederación Europea de Sindicatos, desenvolverase o 16 de decembro en Estrasburgo
08-12-11 Euromanifestacion
A CIG tomará parte na euromanifestación que se vai celebrar en Estrasburgo o vindeiro 16 de decembro contra a Directiva das 65 horas semanais. A mobilización, convocada pola Confederación Europea de Sindicatos, precede á votación que vai ter lugar no Parlamento europeo, onde se votará a aprobación ou non dunha normativa que suporía retroceder cen anos na loita sindical e afondar no recorte dos dereitos dos e das traballadoras.
8/10/2008 Anúncianse as mobilizacións contra a crise económica para o 13 de novembro
Mobilización Vigo 65 horas VII
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.
2/10/2008 Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro
Directiva 65 horas faldón
A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
2/10/2008 A defensa da exclusividade dos médicos do SERGAS foi outro tema tratado
Asemblea Coruña 1 Outubro
A asemblea de delegados da Coruña do 1 de outubro, celebrada nun ateigado salón de actos do Edificio Sindical, xirou en torno á campaña nacional que está a emprender o sindicato contra a Directiva de Tempo de Traballo, coñecida popularmente como a Directiva das 65 horas.
17/6/2008 A medida, entre múltiples aspectos negativos, impediría a conciliación entre a vida familiar e o traballo
Faixa da Secretaría da Muller 2002
A Secretaría da Muller da CIG únese ás críticas contra a reforma da directiva de Tempo de Traballo, aprobada a semana pasada polos ministros de Emprego da UE, que pretende ampliar a 65 horas o número máximo de horas que comprenden a xornada laboral. A medida, para a súa entrada en vigor, aínda ten que ser debatida e aprobada no Parlamento europeo.