marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
educación infantil
10/7/2008 A empresa non lle sacou traballo algún aos centros que teñen que asumir todos os trámites burocráticos
A CIG-Ensino denuncia que a empresa contratada pola Consellaría de Educación para a xestión dos libros de texto obriga aos centros, cando contactan con ela telefonicamente, a dirixirse a eles en español. Esta empresa que foi licitada pola Consellaría por 450.000  € de diñeiro público galego, non só non atende aos centros escolares de Galiza no seu idioma, senón que tampouco os descarga de traballo ningún.
12/6/2008 Porén recae sobre eles a responsabilidade da xestión da gratuidade dos libros de texto
A CIG-Ensino quere facerse eco do malestar existente nos centros de ensino primario do País perante a información emitida semanas atrás pola Consellaría de Educación respecto á xestión do programa de gratuidade de libros. Segundo ditas informacións, este sistema de xestión, para o cal se van licitar 450.000 €, sería realizado por unha empresa privada que, en palabras da Conselleira, “vai liberar de carga de traballo aos equipos directivos”.
11/6/2008 Está aprobado desde o mes de outubro do pasado ano (2007)
Hai máis de medio ano que o Decreto que estabelece o currículo de Educación Infantil pasou todos os trámites da Consellaría de Educación, porén está sen publicar, malia o curso que vén ser obrigada a súa aplicación para toda a etapa Infantil de 0 a 6 anos.