11/12/2008
A convocatoria, organizada pola Confederación Europea de Sindicatos, desenvolverase o 16 de decembro en Estrasburgo
A CIG tomará parte na euromanifestación que se
vai celebrar en Estrasburgo o vindeiro 16 de decembro contra a Directiva das 65
horas semanais. A mobilización, convocada pola Confederación Europea de
Sindicatos, precede á votación que vai ter lugar no Parlamento europeo, onde se
votará a aprobación ou non dunha normativa que suporía retroceder cen anos na
loita sindical e afondar no recorte dos dereitos dos e das traballadoras.
8/10/2008
Anúncianse as mobilizacións contra a crise económica para o 13 de novembro
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.
2/10/2008
Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro
A CIG vén de
convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7
de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase
traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións
introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que
contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar
a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación
na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a
maiores.
2/10/2008
A defensa da exclusividade dos médicos do SERGAS foi outro tema tratado
A asemblea de delegados da Coruña do 1 de outubro, celebrada nun ateigado salón de actos do Edificio Sindical, xirou en torno á campaña nacional que está a emprender o sindicato contra a Directiva de Tempo de Traballo, coñecida popularmente como a Directiva das 65 horas.
11/9/2008
Contra a ofensiva neoliberal
Dípticos, cartaces e un documento de analise da directiva Europea sobre tempo de traballo son algúns dos materiais que vén de editar a CIG Saúde e que levarán aos centros de saúde do noso país nos próximos meses para informar e mobilizar contra a precarización das condicións de traballo na sanidade galega e a ofensiva neoliberal.
11/6/2008
A medida desenmascara a falacia da “Europa social”
A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.