26/6/2008
Consideran indignante que Touriño diga estar preocupado polo emprego feminino pero as ignore
As traballadoras de Galicia Dixital volveron a concentrarse diante das instalacións
desta exposición permanente, na Praza da Inmaculada en Compostela para,
posteriormente marchar cara o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San
Caetano. Denuncian que a concesionaria depende da Secretaría Xeral de
Comunicación, que a súa vez depende de Presidencia, pero que Touriño, máis alá
de utilizar o tema do emprego feminino nos discursos non fai esforzo algún por
solucionar a súa situación.
18/6/2008
Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica,
xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na
rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da
Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha
rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron
deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di
como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a
manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de
certos medios de comunicación.
13/6/2008
A CIG responsabiliza ao Presidente da Xunta de que o conflito siga sen resolverse
O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, vén de
cualificar as declaracións do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño,
respecto do papel que o empresario Villar Mir ten no conflito de Serrabal, como
“insultantes” para as organizacións sindicais que están a intervir no mesmo. A CIG pregúntase ademais
as razóns que se agachan tras da negativa do Presidente da Xunta a, sequera,
valorar un posíbel cambio de trazado mentres asume sen problemas o resto dos
que se están a aprobar e o culpa da actual situación por eludir a súa
responsabilidade como Presidente.
5/6/2008
Considera que Touriño debería cesala polos malos resultados acadados
A CIG-Ensino e os alumnos de Filosofía concentráronse o mércores día 4 de
maio diante da consellaría de Educación "Por un novo Decreto de
Bacharelato". A CIG-Ensino tiña preparado un gasallo para a súa titular,
Laura Sánchez Piñón: un lote de libros de Historia e Filosofía para que,
durante o verán, recupere as asignaturas suspensas ao longo deste curso
escolar, practicamente todas agás relixión. CIG-Ensino entende que o seu titor,
Emilio Pérez Touriño, debería deixala fóra do sistema educativo.
4/3/2008
Serrabal segue de cerca a campaña electoral
“Touriño prometiches e logo non cumpriches” foi unha das consigas máis coreadas polo comité de recepción que agardaba ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, á súa chegada ao mitin que tivo lugar o domingo 2 de marzo en Compostela. Eran os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica que, tal e como anunciaron ao comezo da súa acampada en San Caetano, desenvolven unha campaña paralela á electoral en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina.