30/5/2008
Tamén aprobaron unha emenda para restabelecer a xornada reducida de 4 horas
As Xuntas de Persoal Docente non
Universitarias, órganos de representación do profesorado, das provincias da Coruña,
Lugo e Pontevedra, que representan a 13.000, 4.500 e 11.000 docentes
respectivamente, veñen de aprobar unha resolución presentada pola CIG-Ensino en
demanda dun bacharelato máis compensado, laico e de calidade. Ademais aprobaron
unha emenda para restabelecer a xornada reducida de catro horas nos centros de
Infantil, Primaria e CEIPs.
19/5/2008
Concentráronse diante da consellaría de Educación
Despois de que o
día 15 de maio, na Mesa Sectorial, a Consellaría non aceptase a proposta da
CIG-Ensino de restabelecer, en todos os centros educativos, a xornada reducida
de xuño e setembro, suprimida o curso pasado, a CIG-Ensino convocou unha
concentración de delegados/as do ensino público, o pasado venres día 16 de
maio, diante da Consellaría de Educación.