1/7/2008
Alerta do proceso de substitución lingüística do galego en favor do castelán
O Responsábel Nacional da Mocidade pola
Normalización Lingüística, Fran Rei García, compareceu na Comisión parlamentar
para o estudo da situación da mocidade en Galiza, en representación desta asociación.
Rei alertou do proceso de substitución do galego en favor do castelán e
reclamou o desenvolvemento do Plan xeral de Normalización da Lingua Galega.