16/10/2008
Denuncia que unha das primeiras medidas de Pérez Touriño foi retirar estes incentivos
O presidente da Mesa pola
Normalización Lingüística, Carlos Callón, demanda que a Xunta retome as axudas
directas ás empresas para o uso do galego. Callón, que presentou un informe
sobre a situación do galego no mundo da empresa, cualificou de “distracción
fraudulenta de diñeiro público” o macroconvenio asinado entre a Secretaría
Xeral de Política Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galiza (CEG)
en materia de normalización lingüística, co que se substituíron estas axudas.
1/7/2008
Alerta do proceso de substitución lingüística do galego en favor do castelán
O Responsábel Nacional da Mocidade pola
Normalización Lingüística, Fran Rei García, compareceu na Comisión parlamentar
para o estudo da situación da mocidade en Galiza, en representación desta asociación.
Rei alertou do proceso de substitución do galego en favor do castelán e
reclamou o desenvolvemento do Plan xeral de Normalización da Lingua Galega.