29/4/2008
Estarán orientados, fundamentalmente, a actividades de formación profesional e social
O
Grupo de Investigación “Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega” (TALG) da
Universidade de Vigo e FORGA asinaron un protocolo para elaborar e compartir
recursos lingüísticos. Con este acordo preténdense establecer canles estábeis
que permitan compartir e desenvolver recursos lingüísticos e terminolóxicos
para o galego orientados á actividade de formación profesional e social.