marco
Artigos de opinión
A guerra pra manter hexemonías
Manuel Mera
A mini guerra polo control de Osetia do Sul rematou cunha derrota de Xeorxia, despois da decisión suicida do seu presidente, o pro norteamericano ...
Barack Obama e o poder de internet
Altamiro Borges
Para todos os que encaram as eleições de 2008 como decisivas no longo processo de acumulação de forças do campo popular e democrático, o tex...
Colômbia, laboratório de bruxarias: Democracia e terrorismo de Estado
James Petras
O livro recente de Hernando Calvo Ospina, Colombia, Laboratorio de Embrujos: Democracia y Terrorismo del Estado [1] é o mais importante estudo da...
Protección Civil
20/6/2008 Peregrinan reivindicando unhas mellores condicións laborais
Marcha do 112 1
As traballadoras e traballadores do servizo de atención a emerxencias, máis coñecido como 112, iniciaron na mañá deste xoves 19 de xuño, as mobilizacións, logo de varias semanas desenvolvendo unha campaña informativa por toda Galiza que tiña como obxectivo dar a coñecer a súa situación laboral e recoller sinaturas de apoio. A súa foi unha peregrinación desde Protección Civil até San Caetano, en demanda de ser escoitadas/os tamén pola administración.
11/6/2008 O cadro de persoal continuará coas mobilizacións mentres non haxa un acordo firme
Pancartas do 112
A Comisión de Negociación que representa aos traballadores e traballadoras do 112 solicitou hai aproximadamente un mes, unha xuntanza coa dirección da empresa MK Plan 21, que finalmente se celebrará este venres día 13 ás 10:30 horas da mañá en Compostela. MK Plan 21 é a empresa que xestiona o servizo do teléfono de emerxencias 112 e que resultou gañadora do concurso para a súa adxudicación o pasado mes de abril.
16/5/2008 Ante os incumprimentos reiterados dos compromisos da empresa e da administración
Pancartas do 112
Os traballadores e traballadoras do 112, servizo de atención telefónica de emerxencias de Galicia, veñen de retomar as mobilizacións ante os incumprimentos reiterados dos compromisos que, no seu momento, asumiran tanto a empresa como a Dirección Xeral de Protección Civil, dependente da consellaría de Presidencia.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS