21/5/2008
Privatización da Caixa de Aforros
A
privatización da primeira Caixa de Aforros do país entra na súa fase final, a
Dirección da empresa prepara a súa saída a bolsa coa emisión de cotas
participativas, instrumento semellante ás accións que cotizarán en Bolsa. Esta
posíbel emisión, que debería ser aprobada pola Xunta de Galicia, súmase á
entrada de capital privado na Corporación Caixa Galicia.
15/5/2008
Participou nunha xornada de formación da CIG celebrada en abril
O catedrático de Economía Aplicada da Universidade
de Santiago, Xavier Vence, presentaba
unha análise sobre a crise do modelo neoliberal, no seo dunha xornada de
formación organizada pola CIG a mediados do mes de abril. Vence presentaba tamén
unha serie de propostas alternativas para abrir o debate sobre a necesidade dun
cambio de modelo económico. Dado o seu interese, reproducimos, a continuación,
a súa intervención íntegra.
14/5/2008
"ENERXÍA, SUSTENTABILIDADE E ASPECTOS SOCIAIS"
Abelardo Landeira, secretario nacional da Federación de Químicas e Enerxía da CIG, interveu no Seminario Internacional do Dereito á Enerxía, que estes días se celebra en Compostela. De seguido reproducimos o relatorio que presentou na mesa de traballo titulada "A enerxía, a sustentabilidade e os aspectos sociais".
13/5/2008
Debates da actualidade
“Hai que ter en conta as necesidades dos pobos, e deixar de importar modelos foráneos, para conseguir o benestar de todos, e non só duns poucos”, asi comezaban, coas palabras de Fermín Paz, administror da Asociacion Dereito á Enerxía, as xornadas de traballo desta entidade en Santiago de Compostela, pasadas as nove e media da mañá, no Hotel Tryp de San Lázaro.
7/5/2008
Con participación da CIG
Participarán
os membros do Buró ou Comité Executivo da Asociación Dereito á Enerxía que virán
de países como Nixeria, Madagascar, Sudáfrica, Francia, Romanía, Rusia, Brasil,
Colombia, Paraguai, México, e tamén haberá representantes de Portugal e de
Galiza.
25/4/2008
Recórtanse máis os impostos para as grandes fortunas
O Consello de Ministros aprobaba, hai unha semana, unha batería de medidas dirixidas a paliar a aínda incipiente crise económica. A Executiva Confederal da CIG, tras analizar o alcance e as repercusións que terán estas medidas conclúe que na vez de atacar o neoliberalismo, como responsábel desta situación, e de corrixir os erros que por mor da aplicación dos seus dogmas se teñen cometido, afortalan aos seus responsábeis.