23/6/2008
Centrarase na situación do Sáhara
O mércores 25 de xuño ás 19.30 terá lugar un acto na CIG de Ourense para dar a coñecer a actividade da CIG no seu departamento de Relacións Internacionais e Cooperación para o desenvolvemento, e máis concretamente, das accións levadas adiante no Sáhara.
11/6/2008
O xoves 12 de xuño, no Hotel Congreso, estrada cara á Estrada, quilómetro 3 (Teo)
No marco do traballo que se está a desenvolver desde o departamento
confederal de Formación Sindical inscríbese a conferencia coloquio sobre a
situación política e social en Venezuela e Arxentina, que terá lugar este
xoves, día 12 de xuño, a partir das 9:45 horas.
Na mesma contarase coa presenza de Carlos Chile, da Dirección Nacional do
Movemento Territorial de Liberación da
Arxentina (movemento piqueteiro integrado na CTA) e José Bracho, responsábel de
redes Sociais do partido Patria para Todos de Venezuela.
9/6/2008
A CSI chegou a un acordo coa Federación de Sindicatos de China para posibilitalo
Máis de 350 centrais sindicais de todo o
mundo, entre elas a CIG, participan na 97ª Conferencia Internacional do
Traballo que se está a celebrar na cidade suíza de Xenebra desde o pasado 27 de
maio, con finalización prevista para o próximo venres 13 de xuño.
6/6/2008
Xoan Xosé Melón, secretario nacional, acudiu a estas reunións
O secretario nacional da Federación da Construción da CIG, Xoan Xosé Melón, participou na última semana de distintos encontros e reunións en Brasil, co movemento sindical internacional, para analizar cal é a situación dos traballadores deste sector.
19/5/2008
Alan García reprime os movementos sociais
A CIG – Químicas e Enerxía, a través do seu secretario nacional, Abelardo Landeira, remitiu unha carta ao resto de sindicatos afiliados á UIS - Enerxía da Federación Sindical Mundial (FSM) na que expresa a solidariedade con Guadalupe Hilario e outros/as activistas campesiños e indíxenas do Perú, encarcerados polo goberno neoliberal de Alan García.
24/4/2008
A CIG ESTIVO CONVIDADA
O pasado 19 de abril de 2008 tivo lugar na cidade de Lisboa o “Seminário internacional migrações e mundo do trabalho”, que contou coa CIG en calidade de organización convidada. De seguido reproducimos a crónica elaborada por Xurxo Martínez Crespo.