5/7/2008
Desde o 14 de xuño
Os traballadores do servizo de limpeza do Concello de Nigrán anunciaron a convocatoria de folga, que terá carácter indefinido, a partir do 14 de xuño. Estes empregados demandan un convenio colectivo digno que recolla as súas demandas laborais e sociais.
5/7/2008
Pola aparición do novo hospital
As persoas integrantes da sección sindical de Povisa deron unha rolda de prensa o venres 4 de xullo no local sindical da CIG de Vigo para amosar a súa preocupación diante das informacións que están a aparecer nos medios sobre o novo hospital, xa que a estabilidade dos seus empregos está en xogo, polo que demandan abrir unha vía de diálogo con Sanidade.
4/7/2008
A sentenza recoñece que tanto a quilometraxe como a carga de traballo era excesiva
O Xulgado do Social nº1 de Ferrol vén de
revogar a sanción de suspensión de emprego e soldo dun mes á traballadora
eventual de Correos que presta os seus servizos na zona do Seixo, dependente da
Oficina de Fene. Correos deberá reporlle o salario de 1.301 euros que deixou de
percibir no mes de abril, cando se cumpriu a sanción.
4/7/2008
O Xulgado do Social de Ourense considera que se vulnerou o dereito á tutela xudicial efectiva
O Xulgado do Social nº 1 de Ourense vén de
declarar nulo o despedimento dun traballador “por vulneración dos seus dereitos
fundamentais, en concreto a garantía de indemnidade que leva aperllado o
dereito á Tutela xudicial efectiva e por ter sido discriminado por razóns ideolóxicas”.
Segundo a sentenza o concello debe readmitilo inmediatamente e abonar os
salarios que o traballador deixou de percibir.
3/7/2008
Tamén están imputados os responsábeis das empresas HELICSA e REMASA
O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol vén de admitir a trámite a querela criminal presentada pola CIG contra sete altos cargos do Ministerio de Fomento e contra os máximos responsábeis das empresas HELICSA e REMASA pola súa actuación no naufraxio do “Cordero”. A central entende que todos eles cometeron delitos de “homicidio imprudente por omisión” e “contra os dereitos dos traballadores”.
3/7/2008
Continúan as iniciativas para impedir a destrución de 400 postos no banco
O pasado día 2 de xullo unha representación da CIG reuniuse coa Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, co fin de abordar a situación creada polo denominado Plan de Innovación e Transformación que ten en marcha o BBVA e que se traduciría na destrución de 400 empregos na Galiza.