marco
Artigos de opinión
Terremoto de longa duração
Boaventura de Sousa Santos
Consiste na convulsão social e política que vai decorrer da destruição progressiva do chamado modelo social europeu – uma forma de capitalis...
Crônica da estagflação anunciada
Celso Lungaretti
A que se deve este apagão na economia mundial, após tantos anos de crescimento significativo? Será que tudo se reduz mesmo a um mero desleixo d...
Europa: A Presidência francesa
Ilda Figueiredo
A Presidência Francesa do Conselho da União Europeia iniciou o seu mandato num momento muito complexo da sua evolução, com posições cada vez...
Novas escravidões
Eduardo Bomfim
Social Social
3/7/2008 O SLG retoma a loita por un prezo base para o leite cunha nova campaña
Logo Sindicato Labrego Galego
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha campaña que, baixo o lema “Por un contrato xusto para o leite. Non asines por menos de 0,42 euros”, ten como obxectivo garantir un prezo mínimo para o leite, o que noutros sectores se podería entender coma a consecución dun “soldo base”, reivindicación que na práctica totalidade das profesións se dá por máis que asentada.
30/6/2008 Pregúntase como é posíbel que os xuíces manifestan sen pudor que incumpren as normas que queren
A Mesa pola Normalización Lingüística vai presentar unha denuncia perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra o xuíz decano da Coruña, quen nun xuízo celebrado esta semana declarou: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo ‘La Coruña’”, facendo así apoloxía da desobediencia da legalidade, especialmente grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei.
25/6/2008 Celebrouse a repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG–Ensino, Eduardo Álvarez
Repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG-Ensino en A Coruña 1
A vista contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, denunciado polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, por unhas supostas inxurias contra este, repetiuse o 25 de xuño no Xulgado de Instrución número 4 da cidade. No decurso da vista, Fraga Mandián chegou a manifestar a súa intención de seguir empregando o topónimo ilegal “La Coruña”: “No tengo ningún rubor en utilizar la ilegalidad `La Coruña´”, dixo.
25/6/2008 Considera alarmante e antidemocrático que se impedira o seu debate social
Tratado de Lisboa. Cerimonia de asinamento.
O Congreso dos Deputados aprobaba, este xoves 26 de xuño, o proxecto de Lei Orgánica polo que se autoriza a ratificación do Tratado de Lisboa, cos votos a favor do PSOE, PP, CIU, PNV e Coalición Canaria. Só votaron en contra o BNG, ERC e IU e abstivéronse ICV e Na-Bai. Para a CIG é alarmante que se teña furtado a posibilidade de debater sobre os contidos dun texto do que apenas se deu información a poboación e antidemocrático que se teña optado pola vía parlamentaria e non polo referendo para a súa ratificación. A CIG lembra que estaba prevista a ratificación deste Tratado no Congreso tras das vacacións e critica que se adiantara facéndoo coincidir coa Eurocopa, para desviar a atención cara o fútbol, como se facía en tempos pasados.
24/6/2008 Diante da súa xubilación
Cea homenaxe a Jose Arean I
O venres 20 de maio tiña lugar no concello de Dozón unha cea de homenaxe a outro dos infatigábeis loitadores contra o acoso laboral no concello de Dozón, José Areán, que recibiu esta mostra de apoio por todos os seus anos de traballo e compañeirismo como funcionario no concello de Dozón.
23/6/2008 A plataforma convocante da marcha do 21 de xuño organiza unha nova manifestación para setembro
Manifestación pola Defensa da Ría do Burgo 1
Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS