Sábado 5 de Xullo de 2008


O Xulgado do Social nº1 de Ferrol vén de revogar a sanción de suspensión de emprego e soldo dun mes á traballadora eventual de Correos que presta os seus servizos na zona do Seixo, dependente da Oficina de Fene. Correos deberá reporlle o salario de 1.301 euros que deixou de percibir no mes de abril, cando se cumpriu a sanción.
O Xulgado do Social nº 1 de Ourense vén de declarar nulo o despedimento dun traballador “por vulneración dos seus dereitos fundamentais, en concreto a garantía de indemnidade que leva aperllado o dereito á Tutela xudicial efectiva e por ter sido discriminado por razóns ideolóxicas”. Segundo a sentenza o concello debe readmitilo inmediatamente e abonar os salarios que o traballador deixou de percibir.





