Documentos

Negociación Colectiva 2008

Propostas de negociación colectiva para o ano 2008.

Estudo sobre a mobilidade xeográfica en Galiza no ano 2005

Estudo realizado pola responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López Gromaz, sobre “Mobilidade xeográfica”, para a Secretaría Confederal de Servizos e Afiliación, da que é titular Elvira Patiño. Neste estudo constata que saen do país 42.000 persoas máis das que entran a traballar.

Estatuto dos/as traballadores/as

Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores [Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE do 29 de marzo de 1995). [Actualización: marzo de 2007].

Estudo da Enquisa de Poboación Activa 2º trimestre 2006

Estudo da Enquisa de Poboación Activa no 2º trimestre de 2006 elaborado polo Departamento Técnico de Economía da CIG. Neste estudo apreciase a forte diferenza que en Galiza se produce entre o paro estimado na EPA e o rexistrado nas oficinas do INEM.

Análise de situación do Sistema Público de Pensións

Nos atopamos ante unha nova reforma do Sistema de Pensións da Seguridade Social. A escusa volve a ser a mesma: a futura creba do sistema se non se toman as medidas oportunas, que sempre se traducen en aumentar os anos necesarios para acceder ao 100% da pensión, ampliar o período para o seu cálculo... en definitiva, reducir a futura pensión do traballador, cando non, excluílo do sistema contributivo.

Textos a debate no IV Congreso

Textos de traballo a debater no IV Congreso CIG.

Criterios confederais para a Negociación Colectiva 2001

Nestas datas a negociación colectiva atópase no seu punto álxido. É un proceso no que os representantes dos traballadores e dos empresarios tentan de chegar a un acordo para regular as condicións de traballo. Teñen intereses distintos e enfrontados e cada convenio concreto debe de dar a medida do nivel de conquista na que nos atopamos, xa que supón un punto de equilibrio ou unha solución temporal á que se chega mediante concesións mutuas. Sobre a base dese conflicto de intereses de clase establécense as relacións laborais e xorde o dinamismo necesario para un progresivo e positivo desenvolvemento da sociedade e das condicións de vida nas persoas.

Amianto, ¡perigo! A saúde non se vende ni se delega

Hai máis de corenta anos que se coñecen os efectos nocivos do amianto e nembargantes os traballadores estiveron contaminándose ano tras ano, día tras día, sen que as distintas Administracións fixeran nada por evitalo.

Propostas para pular polo emprego

Proposta presentada pola CIG na Mesa de Negociación sobre o Emprego convocada pola Xunta de Galiza, que contou coa presenza da CIG, CCOO, UGT e CEG.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS