Este producto, milagre polos beneficios económicos que comporta, provoca milleiros de mortos no mundo. Malia que en Europa está xa prohibido na súa totalidade e que varios gobernos están xa desmontando o amianto instalado, o Estado español ten que escoitar a voz do conxunto da poboación exposta e que ten que facer o que outros gobernos: PROHIBILO e SUBSTITUÍLO. Mentres, os traballadores/as e os pequenos empresarios, temos, teñen, que coñecer en que condicións se pode traballar, e que dereitos sobre a vixiancia da saúde se teñen que cumprir. A SAÚDE non se vende ni se delega, polo que faise imprescindible a participación de todos os traballadores/as, e os seus representantes, desde o mesmo posto de traballo.
O amianto ou asbesto e o nome que se dá a un grupo de minerais que existen na natureza e que consisten en fibras pequenas que se inhalan facilmente, e na actualidade é o principal contaminante ambiental canceríxeno que se coñece.
A inhalación de partículas do amianto representa un grave risco para a saúde pública. A exposición ao amianto e un factor determinante no desenvolvemento de enfermidades respiratorias graves e esencialmente de cancros. E a substancia responsable da maior parte dos tumores malignos. A contaminación con asbesto chámase asbestose e provoca cancro nos pulmóns, no revestimento do peito ou da cavidade abdominal (mesotelioma) e o cicatrizado do tecido pulmonar, fibrose pulmonar (asbestose), e está asociado tamén con outros males: carcinomas gastrointestinais e de larinxe, exixtindo sospeita, non confirmada, de que o amianto pode producir outros cancros nos riles, ovarios e mamas.
A maioría do amianto atópase en productos de amianto-cemento para a fabricación de losetas, taboleiros e tubos a presión. Como isolante térmico en caldeiras e tubos, como protección contra incendios de tabiques e vigas de edificios e para a mellora da resistencia ao lume da celulosa e outros materiais.
1. Antes de comezar calquera traballo con amianto débese INFORMAR aos traballadores/as das cuestións seguintes:
2. Só deben realizar traballos con amianto as persoas especificamente formadas.
Establece a Lei Xeral de Sanidade: “...vixiar a saúde dos traballadores para detectar precozmente e individualizar os factores de risco e deterioro que poidan afectar á saúde dos mesmos.” Ademais desta Lei Xeral de Sanidade distinta lexislación complementa a vixianza sanitaria específica para os casos de amianto. Resumidamente, os traballadores/as expostos e os empresarios responsables, teñen a obriga de coñecer os contidos máis elementais para a vixiancia sanitaria específica. A historia laboral para unha historia clínica é imprescindible para o seguimento da saúde dos traballadores/as expostos. Historia clínica que se baseará no recollido no Regulamento sobre Traballos con risco de amianto segundo a Orde do Ministerio de Traballo correspondente. Exame de saúde inicial: Todo traballador/a antes de ocupar un posto de traballo onde exista amianto deberá ser obxecto dun exame previo para determinar, desde un punto de vista sanitario, a súa capacidade específica para traballos con risco de amianto. Constará de:
Exames da saúde periódicos: En canto se desenvolven actividades en ambiente de traballo con amianto os exames de saúde serán periódicos, con periodicidade anual sobre os traballadores e traballadoras:
Ademais, cada tres anos: estudio radiográfico e estudio funcional respiratorio. Exames de saúde postocupacionais: A vixiancia periódica da saúde é un dereito que temos os traballadores e traballadoras, incluso prolongándoa máis alá da finalización da relación laboral, polo tanto todos os traballadores que conten con antecedentes de exposición a amianto se someterán a recoñecementos médicos, os cales serán dunha periodicidade, contido e criterios de aplicación similares aos recoñecementos médicos periódicos das persoas en activo. Tes que saber que os teus dereitos non prescriben e a responsabilidade dos empresarios e da Administración tampouco. Se xa non traballas e tes os síntomas da abestose: fatiga, dificultade ao respirar, tos, dor ou opresión no peito, adelgazamento, perda do apetito, acode ao teu médico e informa de que traballaches con amianto. Cando a enfermidade se manifesta, XA ESTÁ INSTALADA.
Os residuos de amianto ou que conteñan amianto, incluídos os resultantes de operacións de limpeza e mantemento, deben recollerse en recipientes herméticos e adecuadamente identificados (etiquetados). Os contedores con residuos de amianto se transportarán o máis rápidamente posible fora da zona de traballo a un almacén axeitado para a súa recollida polo transportista/xestor de residuos autorizado. A xestión de residuos de amianto deberá realizarse segundo as disposicións locais, autonómicas e estatais existentes sobre residuos perigosos en cumplimento do R.D. 952/97 BOE 5-7-97 que os califica como residuos perigosos.
Se traballas con amianto, infórmate dos teus dereitos.
Acode ou chama