No segundo trimestre de cada ano a EPA xa recolle a parte máis alta do incremento do emprego derivado do período estival. Xuño e xullo son, normalmente, os meses onde se produce o groso das contratacións, por iso este trimestre rexistra habitualmente un incremento da ocupación con respecto ao trimestre anterior, e este último non foi unha excepción.
Coñecedores desta situación, imos analizar a evolución interanual que nos permita ter unha visión máis ampla do panorama laboral galego máis recente.
|
2º trimestre 2005 |
2º trimestre 2006 |
05/06 |
|
| Pob > 16 anos |
2.364,8 |
2.371,9 |
0,3 |
| Activos |
1.252,6 |
1.261,3 |
0,6 |
| Ocupados |
1.113,4 |
1.152,8 |
3,5 |
| Parados |
139,2 |
108,5 |
-22,0 |
| Inactivos |
1.112,3 |
1.110,7 |
-0,1 |
| Fonte: EPA. Datos en milleiros. | |||
Sen lugar a dúbidas, o máis salientábel do cadro anterior é o forte descenso do desemprego interanual, un 22% menos de parados en só un ano: 30.700 persoas no último ano pasaron de engrosar as listas de desempregados a teren un traballo.
Este forte descenso do paro en Galiza contrasta coa súa evolución na media do Estado español, onde nas mesmas datas o paro se reduciu un 5,5%. A evolución desta variábel en Galiza é “sospeitosa” desde a última reforma da Enquisa de Poboación Activa. Con anterioridade a 2005, a taxa de paro en Galiza habitualmente superaba en torno a 3 puntos a taxa de paro da media estatal; hoxe están á par, no 8,6% da poboación activa.
Outro aspecto que fai sospeitar da veracidade do dato é a forte diferenza que en Galiza se produce entre o paro estimado na EPA e o rexistrado nas oficinas do INEM: o paro rexistrado (146.388) é un 34,9% superior ao estimado pola EPA (108.500). No caso do Estado español o rexistrado supera en só un 7,9% o estimado. Un 7,9% de diferenza pode ser un dato asumíbel e explicábel pola diferente metodoloxía que utiliza cada traballo, un 35% non, polo que caben outras explicacións.
A evolución do resto das variábeis macroeconómicas tampouco explican este situación, xa que o crecemento da economía, medida a través do PIB, tivo un comportamento similar no Estado español e en Galiza.
Este descenso no número de parados produciuse polo importante incremento da ocupación neste período, un 3,5%, 39.400 postos de traballo máis que hai un ano. Onde se xeraron estes novos empregos?, que tipo de empregos son?, etc., poden axudar a explicar esta situación.
| Evolución dos ocupados por sectores económicos | |||
|
2º trimestre 2005 |
2º trimestre 2006 |
05/06 |
|
| Agricultura e pesca |
123,3 |
109,6 |
-11,1 |
| Industria e construción |
337,6 |
347,8 |
3,0 |
| Servizos |
652,5 |
695,3 |
6,5 |
| Total |
1.113,4 |
1.152,8 |
3,5 |
| Fonte: EPA. Datos en milleiros. | |||
O groso do medre dos empregos concentrouse no sector servizos, sen esquecer o bo comportamento do sector secundario. O 60% dos ocupados galegos desenvolven a súa actividade nalgunha das ramas de servizos.
Agricultura e pesca seguen perdendo activos.
Unha descrición máis detallada é a que nos dan os ocupados por ramas de actividade.
| Ocupados por ramas de actividade | ||||
|
2º trimestre 2005 |
2º trimestre 2006 |
|||
|
Total ocup |
Asal |
Total ocup |
Asal |
|
| Agricultura, gandaría, caza e silvicultura |
89,4 |
13,5 |
80,4 |
12,5 |
| Pesca |
33,9 |
12,1 |
29,2 |
17,7 |
| Industria da alimentación, bebidas e tabaco |
37,2 |
34,0 |
40,3 |
35,5 |
| Industria do téxtil, da confección, do coiro e do calzado |
31,1 |
27,5 |
26,1 |
19,8 |
| Industria da madeira e da cortiza |
16,6 |
14,1 |
15,8 |
14,1 |
| Industria do papel, edición, artes gráficas |
9,2 |
6,6 |
13,1 |
10,9 |
| Industrias extractivas, refino de petróleo, industria química, transformación de caucho, metalurxia, enerxía e auga |
60,1 |
52,4 |
57,0 |
53,1 |
| Construción de maquinaria, mat eléctrico, mat de transporte e industrias manufactureiras diversas |
62,3 |
55,7 |
59,3 |
51,6 |
| Construción |
121,1 |
93,2 |
136,2 |
103,2 |
| Comercio por xunto e polo miúdo |
139,6 |
91,1 |
145,2 |
102,3 |
| Venda, mantemento e reparación de vehículos de motor; venda polo miúdo de combustíbel para vehículos de motor |
25,8 |
21,7 |
24,3 |
20,5 |
| Hostalaría |
70,0 |
38,1 |
76,4 |
48,5 |
| Transporte, almacenamento e comunicacións |
50,4 |
41,4 |
51,0 |
41,2 |
| Intermediación financeira |
22,8 |
19,9 |
24,3 |
21,5 |
| Act inmobiliarias e de alugamento; servizos empresariais |
72,0 |
52,7 |
78,5 |
55,3 |
| Administración pública, defensa e SS obrigatoria |
73,1 |
73,1 |
80,1 |
80,1 |
| Educación |
70,3 |
65,4 |
67,8 |
64,2 |
| Actividades sanitarias e veterinarias; servizos sociais |
58,3 |
53,3 |
70,2 |
65,6 |
| Outros servizos, actividades dos fogares e organismos extraterritoriais |
70,3 |
61,0 |
77,7 |
98,4 |
| Total |
1.113,4 |
826,7 |
1.152,8 |
886,0 |
| Fonte: EPA. Datos en milleiros. | ||||
Unha das primeiras conclusións da táboa anterior é o forte medre da asalarización en Galiza. Neste último período analizado, o número de asalariados medrou preto do dobre dos ocupados totais, o que implica a caída do emprego noutras categorías profesionais. Nestes momentos, os asalariados representan o 76,8% do total de ocupados.
Outra das conclusións do cadro anterior é a forte disparidade na composición e na evolución das distintas ramas de actividade. O comercio é a actividade que máis persoas ocupa, seguido da construción. Ambas experimentaron un importante crecemento neste último ano, nomeadamente a construción onde a ocupación medrou un 12,5%.
O sector primario segue perdendo peso, e neste último ano de maneira importante, tanto en agricultura como en pesca. No segundo trimestre de 2006 soamente ocupa o 9,5% dos traballadores galegos.
Hai que destacar, así mesmo, a perda de emprego no sector industrial. Agás nas industrias de alimentación e papel, o resto das actividades perden emprego, sendo de salientar especialmente o sector téxtil, onde o emprego baixou máis do 16%.
As distintas actividades que compoñen o sector servizos tiveron un comportamento positivo, agás educación e venda de vehículos e combustíbel en que descendeu a ocupación. Onde máis medrou esta foi en actividades sanitarias e servizos sociais.
Temos, pois, un incremento importante da ocupación, 3,5%, que se centra exclusivamente nos asalariados, 7,2%, perdendo emprego o resto das categorías. Imos analizar, a seguir, o tipo de contrato destes asalariados, distinguindo entre sector público e privado.
| Asalariados segundo tipo de contrato | ||||||
|
2º trimestre 2005 |
2º trimestre 2006 |
|||||
|
C ind |
C temp |
Total |
C ind |
C temp |
Total |
|
| S público |
140,4 |
49,7 |
190,1 |
134,5 |
43,7 |
178,2 |
| S privado |
436,6 |
259,3 |
695,9 |
410,5 |
238,0 |
648,5 |
| Asalariados |
577,0 |
309,0 |
886,0 |
545,0 |
281,7 |
826,7 |
| Fonte: EPA. Datos en milleiros. | ||||||
| Taxa de temporalidade | |||
|
2º trimestre 2005 |
2º trimestre 2006 |
05/06 |
|
| S público |
26,1 |
24,5 |
1,6 |
| S privado |
37,2 |
36,7 |
0,5 |
| Total |
34,8 |
34,0 |
0,8 |
| Fonte: EPA. Datos en tanto por cen. Variación en puntos. | |||
Novamente se produce un incremento da temporalidade. A pesar de medrar o número de asalariados con contrato indefinido, foi maior o medre dos que asinaron un de duración temporal, polo que a taxa de temporalidade alcanzou o 34.8% da poboación asalariada fronte o 34% de hai un ano.
Debemos destacar que o maior incremento desta se produciu no sector público: 1,6 puntos medrou a temporalidade en apenas un ano fronte ao medio punto que creceu no sector privado.
En vista deste cadro o que si podemos asegurar é que as medidas aplicadas até o de agora para reducir a temporalidade non serviron para o sector privado. No sector público trátase de vontade política.
Imos ver agora as diferenzas por sexo.
| Diferenzas por sexo | ||||||
|
2º trimestre 2005 |
2º trimestre 2006 |
Diferenzas |
||||
|
Home |
Muller |
Home |
Muller |
Home |
Muller |
|
| Taxa de actividade |
62,5 |
44,3 |
62,0 |
45,1 |
-0,5 |
0,8 |
| Ocupados |
648,9 |
464,4 |
659,5 |
493,2 |
10,6 |
28,8 |
| Asalariados |
483,0 |
343,8 |
508,2 |
377,9 |
25,2 |
34,1 |
| Taxa de temporalidade |
33,3 |
35,0 |
32,3 |
38,2 |
-1 |
3,2 |
| Taxa de paro |
7,9 |
15,2 |
6,0 |
11,8 |
-1,9 |
-3,4 |
| Fonte: EPA. | ||||||
Malia os avances, seguen manténdose fortes diferenzas por sexos en Galiza.
A taxa de actividade feminina continúa en niveis moi baixos: o 45,1% (a 17 puntos de distancia da masculina). A isto hai que engadir as elevadas taxas de paro ás que se ven expostas as mulleres. Preto do 60% da poboación feminina en idade de traballar está fóra do mercado laboral, algo inaceptábel socialmente, non só polo “desperdicio” de activos que supón, senón tamén polo custoso que é en termos de manter un certo benestar social.