Participación no deseño da política global do Sindicato elaborando e promovendo medidas e plans de actuación dirixidos a conseguir a igualdade de dereitos das mulleres.
Asesorar, orientar e informar nos temas relativos á situación da muller no mercado de traballo.
Promover programas e medidas de acción positiva que aceleren a introdución efectiva da igualdade de dereitos no marco laboral e no seo do Sindicato.
Promover medidas destinadas a acadar unha maior afiliación e participación sindical das mulleres.
Elaborar o plan de Igualdade da Confederación.
Coordinación do traballo das distintas Secretarías da Muller (Federativas e Comarcais).
Promover e xestionar (subvencións...) a formación das mulleres.
Estabelecer relacións con organizacións afíns nos temas de muller.
Coñecer e difundir as distintas ordes das Consellarías de Asuntos Sociais e Familia, referentes a axudas por fillos, maiores, persoas dependentes...
Elaborar novas propostas sobre escolas infantís, centros sociais...
Coordinación e seguimento do traballo e alternativas daqueles colectivos sociais relacionados con esta materia.
Medio Ambiente.
Responsábel da representación institucional nestas áreas.