A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta
acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope
da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até
comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos
asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para
facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.
Despois de máis de tres anos de asinados os acordos “pola estabilidade no emprego” entre os sindicatos de ámbito estatal (CCOO e UGT) e a patronal (CEOE) o tempo veu a confirmar o que daquela dixemos: que eran negativos para a clase obreira. Documento aprobado no Secretariado Confederal da CIG do 16 de xaneiro de 2001.
Analise do acordo asinado por CCOO, UGT, CEOE e Goberno e do que se tira que a nova reforma laboral só favorece á patronal.
O mércores 26 de abril entraba a debate para o seu posterior ditame na sesión extraordinaria do pleno do Consello Económico e Social o do Estado español o Anteproxecto de Lei de Igualdade entre Homes e Mulleres. Pendente do ditame do devandito anteproxecto, a Secretaría da Muller e o Gabinete Técnico da CIG fan públicas as súas valoracións ao respecto.
Contestación da CIG ao secretário xeral de Emprego, despois de ler o "Plan de Acción para el empleo 2000"