Marzo 2007
Mil persoas marcharon por Ferrol na manifestación organizada pola CIG no Día da Clase Obreira Galega. Os actos comezaron no Inferniño cunha ofrenda floral perante a estatua dedicada a Amador Rei e Daniel Niebla. A manifestación partiu deste mesmo lugar e rematou no Cantón, onde o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, e o secretario xeral, Suso Seixo, pronunciaron os discursos políticos.
|
20070310_dia_clase_traballadora_galega_cartaz.pdf |
|