Publicacións

Tempo Sindical - número 57

Xullo 2008

A análise da crise do sistema capitalista e as súas consecuencias sobre a clase traballadora abórdanse por medio de entrevistas ao secretario xeral do sindicato, Suso Seixo, e ao economista Xavier Vence. O Tempo Sindical tamén recolle as alternativas que propón a central para combater as desigualdades creadas polo actual sistema económico.

Guía de saúde laboral desde unha perspectiva de xénero

Marzo 2008
Ao longo desta guía, editada pola Secretaría Confederal da Muller da CIG, pódense ver, en profundidade, as diferenzas de xénero que existen no mercado laboral e a situación de discriminación coa que se topan a meirande parte das mulleres cando acceden ao mercado de traballo. Parte da información recollida é froito de entrevistas mantidas coas delegadas e delegados de prevención e sindicais das distintas federacións da CIG. Entrevistas nas

Guía de linguaxe non sexista

Marzo 2008
A lingua non é sexista, pero si o uso que dela facemos. A linguaxe é o medio a través do cal nos comunicamos, polo tanto reflicte o pensamento colectivo e con el estamos a transmitir unha gran parte da formar de pensar, sentir e actuar de cada sociedade.

Boletín Sindical - número 8

Febreiro 2008
  • Resultados históricos nas eleccións sindicais: A CIG, segunda forza en Galiza, por diante de CCOO.
  • A negociación colectiva, a mellor ferramenta para acadar incrementos salariais por riba dos topes fixados.
  • 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora: Loitando contra a dobre presenza.
  • 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega: A CIG denuncia a perda de capacidade adquisitiva dos salarios e reclama plena soberanía nacional.