Tempo Sindical - número 57

Xullo 2008

A análise da crise do sistema capitalista e as súas consecuencias sobre a clase traballadora abórdanse por medio de entrevistas ao secretario xeral do sindicato, Suso Seixo, e ao economista Xavier Vence. O Tempo Sindical tamén recolle as alternativas que propón a central para combater as desigualdades creadas polo actual sistema económico.

O voceiro da CIG realiza, ademais, reportaxes analíticas acerca da situación dos obreiros portugueses que traballan na Construción no noso país, sobre novos casos de deslocalización de empresas ou en relación coas políticas de xénero.

Outros temas tratados son a participación masiva de traballadoras e traballadores nas manifestacións que organizou a CIG no Primeiro de Maio, o expediente de regulación de emprego en MARTINSA-FADESA en A Coruña, a admisión a trámite da querela do sindicato contra sete altos cargos de Fomento pola súa actuación no naufraxio do Cordero, as mobilizacións das operarias da conserveira Pérez Lafuente, as melloras acadadas no sector do Transporte en Pontevedra ou a loita polo mantemento dos postos en Cedonosa.

No apartado internacional analízanse os cambios políticos producidos no Paraguai ou a represión e exterminio de sindicalistas en Colombia. Na sección histórica, Manuel Mera recorda a loita obreira e a conseguinte represión acontecidas na América Latina de comezos do século XX.

A contracapa está dedicada a unha entrevista aos músicos Mini e Mero, que levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a través de composicións combativas e patrióticas.

O presente exemplar conta con colaboracións de Clodomiro Montero, Héctor López de Castro e Moncho Boán.

 

tempo_sindical_57.pdf