Historia

O 2 de abril de 1990, as dúas centrais sindicais nacionalistas daquela existentes (INTG e CXTG), constituíamos, en Santiago de Compostela, a Converxencia Intersindical Galega, como base sobre a que apenas catro anos despois, se producé a unificación orgánica na Confederación Intersindical Galega. Cúmprense pois, este 2 de abril de 2000, dez anos de compromiso coa clase traballadora da nosa Nación. Dez anos nos que se produce un importante medre na representatividade do noso sindicalismo. Unha década caracterizada por un forte incremento de afiliación. Indicativos ámbo-los dous de que a CIG é a ferramenta na que confian miles e miles de traballadoras e traballadores galegos.

Lonxe de autocomplacencia, desde a consciencia das limitacións, pero cunha enorme dose de confianza nas forzas transformadoras e de progreso que residen na clase traballadora, agardamos no porvir continuar a senda de crecemento, dotarmonos de máis e mellores medios para sermos máis eficaces fronte ós retos, novos e vellos, que teñen diante de si Galicia e a nosa clase. É certo que inda non logramos ser o primeiro sindicato en Galicia, pero estamos seguros de contar coa mellor materia prima para eso: as mulleres e os homes que diariamente, co seu compromiso, fan da CIG un sindicato imprescindible para o noso país.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS