Negociación colectiva

Negociación Colectiva 2008

Propostas de negociación colectiva para o ano 2008.

Criterios confederais para a Negociación Colectiva 2001

Nestas datas a negociación colectiva atópase no seu punto álxido. É un proceso no que os representantes dos traballadores e dos empresarios tentan de chegar a un acordo para regular as condicións de traballo. Teñen intereses distintos e enfrontados e cada convenio concreto debe de dar a medida do nivel de conquista na que nos atopamos, xa que supón un punto de equilibrio ou unha solución temporal á que se chega mediante concesións mutuas. Sobre a base dese conflicto de intereses de clase establécense as relacións laborais e xorde o dinamismo necesario para un progresivo e positivo desenvolvemento da sociedade e das condicións de vida nas persoas.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS